Celanova acollerá un obradoiro de cosmética natural esta semana

Celanova será escenario dun obradoiro de cosmética natural que se celebrará os días mércores 27, xoves 28 e venres 29 de maio, en horario de 09:00 a 13:00 horas.
A actividade permitirá ás persoas participantes aprender a elaborar os seus propios cosméticos a partir de ingredientes naturais. O obradoiro está organizado pola Fundación Formavigo, co apoio do Concello de Celanova e da Xunta de Galicia.
As sesións terán lugar nas instalacións da Asociación de Amas de Casa Ilduara e da Asociación de Mulleres Rurais San Rosendo, ambas no municipio de Celanova.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao 988 431 481 ou enviando un correo electrónico a Igualdade@celanova.gal.