Celanova celebra este mércores un curso de compostaxe doméstica

OurenseXa
O obxectivo desta actividade é promover a compostaxe doméstica entre a veciñanza como unha solución sostible dos residuos orgánicos
Compostaxe
15 Jan 2025

A Mancomunidade Terras de Celanova, en colaboración co Concello de Celanova organiza este mércores, 15 de xaneiro, un curso de compostaxe doméstica que terá lugar no Auditorio Ilduara (AMIC) a partir das 18.00 horas.

O obxectivo desta actividade é promover a compostaxe doméstica entre a veciñanza como unha solución sostible dos residuos orgánicos e a redución da cantidade de residuos que rematan nos vertedoiros. Os participantes recibirán un composteiro para poder utilizalo nas súas vivendas.

0.16805720329285