Celanova celebra este sábado unha nova edición da súa Festa do Orgullo

OurenseXa
A gala deste ano contará coa participación de Verónica Romero, Lucía Pérez, Chanel Anorex, Roberto Aragón, Iria González, Zarah Lax, Sula DJ, Unam, Nacha La Macha e Dr. Slum
celanova-orgullo
3 Jul 2026

Celanova acollerá o vindeiro 4 de xullo unha nova edición de “Celanova é Orgullo”, unha cita coa diversidade e a inclusión no rural galego organizada polo Concello de Celanova en colaboración coa Asociación CHEA.

A programación desenvolverase na Praza Maior e dará comezo cunha sesión vermú a cargo da Banda de Música de Celanova ás 12.30 horas.

Xa pola tarde, a partir das 20.00 horas, a animación correrá a cargo da charanga BCB, que dará paso á gala-show prevista para as 21.30 horas.

Nesta gala participarán Verónica Romero, Lucía Pérez, Chanel Anorex, Roberto Aragón, Iria González, Zarah Lax, Sula DJ, Unam, Nacha La Macha e Dr. Slum, nun espectáculo que reunirá diferentes propostas musicais e escénicas.

Celanova converteuse o pasado ano no primeiro pobo orgulloso de Galicia coa celebración deste evento, que reuniu a numeroso público na Praza Maior e que acadou unha importante participación en apoio á diversidade e aos dereitos do colectivo LGTBIQ+.

0.12544107437134