Celanova celebrará o sábado unha nova sesión de curtametraxes do Ciclo Mestre Mateo

OurenseXa
A Casa dos Poetas será escenario da proxección de catro curtametraxes de animación enmarcadas na programación de cinema galego deste ano
Ciclo Mestre Mateo Celanova (2)
8 Oct 2026

A Casa dos Poetas será o escenario, o vindeiro sábado 10 de outubro ás 17.00 horas, dunha nova proxección dentro do Ciclo Mestre Mateo, programa dedicado á difusión do cinema galego ao longo de 2026.

Nesta ocasión, a sesión —a segunda do ciclo dedicada a curtametraxes— reunirá catro traballos de animación: 'Lucus', 'Nuno', 'O Corpo de Cristo' e 'O Mesmo'.

A iniciativa está impulsada pola Academia Galega do Audiovisual, en colaboración coa Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Xacobeo 2027, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), o Ministerio de Cultura a través do ICAA, o Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez.

A actividade enmárcase, ademais, na colaboración establecida entre o ICAA e Agadic para o impulso de proxectos audiovisuais galegos.

0.12636995315552