Celanova conmemora o 173 aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez

OurenseXa
O Auditorio Municipal de Celanova acollerá este domingo a estrea da peza teatral 'Rexurdimento do Divino Sainete' para render homenaxe ao poeta celanovés
A compañía teatrat La Griot'te presenta 'O rexurdimento do Divino Sainete'
A compañía teatral La Griot'te presenta 'O rexurdimento do Divino Sainete'
15 sep 2024

Celanova conmemora este domingo o 173 aniversario do nacemento do poeta celanovés, Manuel Curros Enríquez, e o fai cunha representación teatral titulada 'Rexurdimento do Divino Sainete' que se estreará ás 20.00 horas no Auditorio Municipal de Celanova.

Hai aproximadamente un ano, o colectivo teatral La Griot'te comezou a traballar na realización dunha adaptación desta obra á escena. Despois dun intenso traballo de interpretación do texto e do contexto elaborado en 1888 por Curros Enríquez, o grupo logrou montar unha composición singular e alternativa, apoiándose en marionetas, onde se conta a viaxe ficticia que o poeta realizou a Roma nun tren no que se abordan con crueza como estaban instalados os 7 pecados capitais na sociedade da época, dedicando cada vagón do tren a un dos pecados e co fin de pedirlle contas ó Papa.

0.10511422157288