Celanova conmemora o Día da Muller con actividades ao longo de todo o mes

OurenseXa
Dende o Concello de Celanova promoven un programa de actividades con motivo do Día Internacional da Muller que extenderanse ata o vindeiro 23 de marzo
mercado_muller_celanova
Primeiro Mercado
8 mar 2024

O Concello de Celanova conmemora o Mes da Muller cun ciclo de actividades enfocadas a promover a igualdade de xénero que arrancan este 8 de marzo coa estrea de “Muller en cómic”, por Antela Costa, no centro sociocomunitario.

Para o sábado 9 de marzo o concello organiza o primeiro mercado “con M de Muller”, na Alameda, que terá lugar entre as 10.30 e as 19.00 horas. Ademais, ás 12.00 terá lugar a inauguración da Placa a Petra Enríquez en Vilanova dos Infantes.

Na noite do sábado, a partir das 19.00 horas, terá lugar o concerto da artista Lucía Pérez no Claustro Barroco do Mosteiro.

Os días 16, 17 e 23 de marzo terán lugar as “Xornadas Memoria e Muller”, que se celebrarán no Audorio Municipal de Celanova os días 16 e 23 de marzo, e no Patio das Cabalerizas do Mosteiro o día 17.

Ademais, a Escola Galeha de Saúde de Cidadáns organiza, o 12 de marzo, o curso “Muller e Saúde”, e o 18 de marzo o curso “Solo Pelviano”, no Centro Sociocomunitario de Celanova.

Celanova_programa_8M