Celanova destaca o éxito dos cursos de cosmética natural e alimentación saudable

OurenseXa
As actividades formativas desenvolvéronse esta primavera e continúan agora cun novo curso presencial dentro dun programa de orientación laboral para persoas migrantes
obradoiro-alimentacion-cociña-saudable-celanova
18 Jun 2026

O Concello de Celanova informou do éxito dos cursos de cosmética natural e alimentación saudable impartidos durante esta primavera, unha iniciativa formativa organizada polo propio Concello e impartida por Formavigo.

A actividade desenvolveuse en colaboración con colectivos locais, entre eles o Centro Sociocomunitario de Celanova e a Asociación de Amas de Casa Ilduara, no marco dun programa de formación orientado á promoción de hábitos saudables e coñecementos prácticos.

Desde o Concello destacan que tras esta programación formativa ábrese agora unha nova inscrición para un curso presencial de manipulación de alimentos, incluído no Programa de Orientación Laboral e Formación para o Colectivo Inmigrante.

O curso terá lugar o venres 19 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas na Cafetería do Auditorio Municipal Ilduara de Celanova.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no teléfono 988 431 481 ou no correo electrónico igualdade@celanova.gal.

0.12910795211792