Celanova pechou unha nova edición do Campus Pedro Rivero con preto dun cento de participantes

OurenseXa
O campamento de baloncesto combinou durante varios días actividades deportivas con propostas culturais e de lecer no municipio
campus-pedro-rivero-celanova
5 Jul 2026

Celanova acolleu un verán o Campus Pedro Rivero, unha iniciativa deportiva que reuniu este ano a preto dun cento de mozos e mozas nun programa que combina a práctica do baloncesto con actividades lúdicas e culturais.

Ao longo do campus, os participantes desenvolveron diferentes sesións de adestramento e actividades complementarias no municipio, nunha proposta que busca unir deporte, convivencia e coñecemento da contorna.

Na xornada deste pasado mércores, os rapaces e rapazas foron recibidos polo alcalde de Celanova, Antonio Puga, e participaron tamén nunha visita guiada ao Mosteiro de Celanova, unha das actividades incluídas na programación.

A edición deste ano chegou ao seu remate o xoves, pechando unha nova convocatoria dun campus que continúa apostando pola combinación de actividade deportiva e contidos culturais.

0.12647199630737