Celanova recibe unha sesión de curtametraxes galegas dentro do ciclo Mestre Mateo

A Casa dos Poetas de Celanova recibirá este sábado 26 de setembro, a partir das 17.00 horas, unha nova sesión de curtametraxes dentro do ciclo 'Cinema Galego 2026', enmarcado no programa Mestre Mateo e baixo o selo de Galicia Calidade.
Trátase da primeira sesión de curtas desta edición, que reunirá catro títulos de imaxe real: 'Abellón', 'Adeus Berta', 'Algo novo que contar' e 'Curmán'.
A iniciativa está organizada pola Academia Galega do Audiovisual, coa colaboración da Xunta de Galicia, Galicia Calidade, Xacobeo 2027, o Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez, AGADIC e o Ministerio de Cultura do Goberno de España.