Celanova rendeu homenaxe Manuel Castro, Gaiteiro de Penalta, polo Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia
OurenseXa
Castro, lembran desde o Concello, foi un símbolo da recuperación e valorización da música tradicional galega
Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia, Celanova
11 Nov 2024
O Concello de Celanova organizou este domingo, 10 de novembro, un acto para conmemorar o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia que tivo lugar no cemiterio de Mourillós e onde rendeuse homenaxe aos falecidos e a Manuel Castro, o Gaiteiro de Penalta.
Castro, lembran desde o Concello, foi un símbolo da recuperación e valorización da música tradicional galega. No acto participaron o alcalde de Celanova, Antonio Puga, o responsable da Área de Cultura, Antón Piñeiro, o secretario xeral da lingua, Valentín García Gómez e o vicepresidente do AFNLG, Xosé González Martínez.