Celanova xa ten cartel e data para celebrar unha nova edición do Orgullo

Celanova xa ten cartel e data para celebrar unha nova edición do Orgullo
A vila converteuse o pasado ano no primeiro pobo orgulloso de Galicia coa celebración do evento “Celanova es Orgullo”, que agora volve o 4 de xullo
Celanova xa ten cartel e data para celebrar unha nova edición do Orgullo. A cita será o vindeiro 4 de xullo, unha xornada que a localidade xa anima a reservar na axenda baixo a mensaxe: “Chega”.
A vila converteuse o pasado ano no primeiro pobo orgulloso de Galicia coa celebración do evento “Celanova é Orgullo”, unha iniciativa que reuniu a numeroso público na Praza Maior para apoiar a diversidade e os dereitos do colectivo LGTBIQ+ e que acadou unha importante resposta de participación.
A edición anterior contou cun programa que incluíu pasacalles e sesións de DJs, ademais do espectáculo “Orgullo de Pueblo”. Sobre o escenario participaron artistas como Natalia, Ricky Merino, Lucía Pérez, Sabela, Enrique Ramil, Alejandro Araujo, Manu Varela, Sula DJ, Albert Infante, Drag Pulula, Drag Alejandra, G Face e Drag Ashley.
Agora, Celanova prepara unha nova celebración do Orgullo coa vista posta no 4 de xullo, tras o éxito acadado na súa primeira edición.