Celtas Cortos aterriza esta noite en Ourense
OurenseXa
A programación das Festas de Ourense continúa este venres, 21 de xuño, co concerto de Celtas Cortos e a Festa de Fin de Curso como pratos fortes da noite ourensá
21 Xuño 2024
As Festas de Ourense continúan na xornada de venres, 21 de xuño, co concerto do grupo Celtas Cortos como prato forte da noite. Ademáis, o Concello de Ourense organiza unha Festa de Fin de Curso dedicada á rapazada da cidade con DJs durante toda a noite na rúa Pardo de Cela.
Programación das Festas de Ourense para o Venres, 21 de xuño
- Mercado Medieval, no Centro Histórico
- 16.30 a 20.30 horas. Mega Xincana de 180 metros para a rapazada no Xardín do Posío
- 22.00 a 03.00 horas. MEGA DJ Fin de Curso, na rúa Pardo de Cela, xunto ao Pavillón dos Remedios
- 21.00 horas. Actuación da Banda da Balbina, na rúa Santa Eufemia
- 21.30 a 00.00 horas. Grupo América, na Praza Maior
- 00.00 a 01.40 horas. Concerto de Celtas Cortos, na rúa do Progreso (Alameda)