Cenlle ofrece axudas de 250 euros por cada nacemento para familias empadroadas no municipio

OurenseXa
As subvencións están destinadas a nacementos rexistrados entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026 e esixen unha antigüidade mínima dun ano no padrón municipal
bebe-recen-nacido-natalidade
17 Aug 2026

O Concello de Cenlle mantén abertas as axudas económicas destinadas ás familias polo nacemento de fillos ou fillas, cunha contía de 250 euros por cada nacemento.

A medida ten como finalidade apoiar as familias e contribuír a favorecer o crecemento poboacional do municipio. Poderán beneficiarse das subvencións as persoas empadroadas no Concello de Cenlle que conten cunha antigüidade mínima dun ano.

As axudas corresponden aos nacementos producidos entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026.

As persoas interesadas en coñecer os requisitos e obter máis información sobre o procedemento poden dirixirse ao Concello de Cenlle, a través do teléfono 988 400 603 ou do enderezo electrónico info@cenlle.es.

0.13570284843445