Cenlle prepara unha xornada de xogos en familia na pista polideportiva do CEIP Carmen García Carrasco

OurenseXa
O Concello de Cenlle celebrará o vindeiro 31 de agosto, de 10.00 horas a 15.00 horas, unha actividade lúdica con inchables e xogos para todas as idades, encadrada no Servizo de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero
cenlle_xogos_igualdade
26 Aug 2026

O Concello de Cenlle anunciou a celebración dunha xornada de lecer en familia o vindeiro 31 de agosto, coa fin de ofrecer á veciñanza unha mañá de convivencia e diversión compartida entre pequenos e maiores.

A cita será na pista polideportiva do CEIP Carmen García Carrasco, en horario de 10.00 horas a 15.00 horas. Durante ese tempo, o recinto contará con inchables e diferentes propostas lúdicas pensadas para que as familias poidan gozar xuntas dunha xornada distinta.

Quen desexe participar deberá anotarse previamente no Concello de Cenlle, a través do teléfono 988 400 603.

A actividade encádrase dentro do Servizo de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero, e responde ao compromiso municipal de impulsar espazos de convivencia, igualdade e participación abertos a toda a cidadanía. Dende o consistorio animan a todas as familias a sumarse e aproveitar esta proposta pensada para o desfrute conxunto.

0.20271611213684