Centos de Mulleres manifestáronse en Ourense polo Día da Muller

OurenseXa
A marea morada asolou as rúas da cidade pese á choiva para loitar pola igualdade
8M_ourense
Manifestación en Ourense polo Día da Muller
8 Mar 2024

Centos de persoas manifestáronse onte en Ourense con motivo do 8M.

A choiva non impediu que as ourensáns saíran ás rúas para reivindicar os seus dereitos e loitar pola igualdade real entre homes e mulleres.

O acto, que daba comezo ás 20.00 horas diante da Sudelegación do Goberno, asolou ás principais rúas do centro da capital termal ata rematar diante do Concello de Ourense.

Ao berro de “aquí está, aquí se ve o feminismo galego en pé” a marea morada chegaba á Praza Maior, onde as e os asistentes congregáronse para loitar pola igualdade.

Entre as pancartas destacaba á adicada a Nerea Añel, tras a recente sentencia dictada pola Audiencia Provincial de Ourense que abosolvía ao seu mozo dos delitos de homicidio consumado e homicidio por comisión por omisión, e contraria ao veredicto de culpabilidade emitido polo xurado popular. Entre as asistentes, a nai de Nerea, que pediu xustiza para a súa filla, desaparecida no ano 2020 e atopada morta oito meses más tarde en Barbadás.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18201684951782