Centos de persoas déronse cita en Pereiro de Aguiar para festexar o Entroido

OurenseXa
Máis de 600 persoas e un total de 13 comparsas percorreron as rúas da vila no desfile de Entroido máis multitudinario da historia do concello
Entroido-pereiro-de-aguiar
Entroido de Pereiro de Aguiar
3 Mar 2025

O Desfile de Entroido de Pereiro de Aguiar reuniu na Praza do Concello a máis de 600 persoas durante a tarde do pasado sábado, 1 de marzo. Foi a edición máis multitudinaria deste evento, que encheu de música e cor as rúas da vila.

Un total de 13 comparsas animaron o desfile, no que o Concello repartiu 12 premios, e que tamén contou con inchables, globoflexia e maquillaxe para o máis pequenos. Ao rematar o desfile, os asistentes puideron gozar tamén coa animación da Disco móvil Show.

⚙ Configurar cookies
0.29902696609497