Chega a Ourense unha nova edición de 'Cromática'

OurenseXa
A Sala Valente acollerá a partir do 13 de xullo unha nova edición desta cita que ten por obxectivo dar a coñecer a novos pintores
Cartaz da VIII edición de Cromática
Cartaz da VIII edición de Cromática
10 Xul 2024

Crómática é a cita bienal de pintura nova que a Fundación Cum Laude organiza en Ourense e que, este 2024, festexa a súa oitava edición. O obxectivo desta mostra é dar a coñecer o obra de pintores novos que terán a oportunidade de exponer os seus traballos a partir do 13 de xullo na sala de exposicións José Ángel Valente.

A cita reúne cada ano as obras de diversos artistas de entre 18 e 35 anos tanto do panorama galego como a nivel internacional e consolídase como unha cita de referencia na programación cultural da cidade. A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 14 de setembro.

0.1923360824585