Clausurada a terceira edición do proxecto #Enredes posto en marcha polas ANPAS de Ourense

OurenseXa
A directora xeral de Promoción da Igualdade puxo en valor que proxectos como este son esenciais para rachar cos estereotipos de xénero e previr as violencias machistas
Clausura do proxecto #Enrredes 2024
Clausura do proxecto #Enrredes 2024
28 Nov 2024

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, puxo en valor o traballo das ANPAS galegas, e máis concretamente, as da provincia de Ourense para construír sociedades máis xustas, máis igualitarias e libres de violencia machista. Neste sentido, agradeceu o labor da Federación de ANPAS de Centros Concertados e Privados da Provincia de Ourense que, por terceiro ano consecutivo, puxeron en marcha o proxecto #EnRedes para fomentar a igualdade entre a cativada a través da radio, dos podcast e das redes sociais.

Durante o encontro, a directora xeral explicou ao alumnado os diferentes tipos de violencia de xénero que existen e exemplificounos para que puidesen identificalos e saber como actuar. Así mesmo, sinalou a importancia de saber acompañar ás vítimas, apoiándoas sen xulgar. Deste xeito, lembrou que precisamente o feminismo o que busca é crear sociedades máis xustas, igualitarias e diversas nas que todas e todos vivamos mellor.

Neste senso, María Quintiana destacou que proxectos como #EnRede ou O Quiz da Cuestión, da ANPA do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense son esenciais para rachar cos estereotipos de xénero e previr as violencias machistas entre a poboación moza, máis concretamente no eido dixital. Por iso mesmo, agradeceu a implicación da comunidade educativa e do propio alumnado e lembrou que a Xunta de Galicia traballa cada día para que a nosa comunidade sexa un referente na igualdade xénero e o botrato.

Liña de axudas para as ANPAS

Estes proxectos foron realizados grazas á convocatoria de apoios da Xunta para que as ANPAS galegas desenvolvan proxectos de promoción da igualdade, a loita contra a violencia de xénero e o fomento da corresponsabilidade no seo da comunidade educativa. Este ano, foron un total de 185 agrupacións de nais e pais as que recibiron as achegas que en total ascenden a case un millón de euros.

0.1569139957428