Coles acolle este xoves un encontro para fomentar o empoderamento feminino

OurenseXa
A actividade, titulada “Espellos íntimos”, forma parte do programa Emilia e estará centrada no intercambio de experiencias e na reflexión entre mulleres de diferentes xeracións
programa-emilia-espellos-iintimos-coles
15 Jul 2026

O programa Emilia promove o encontro “Espellos íntimos”, unha proposta pensada como un espazo de diálogo, reflexión e participación arredor das vivencias das mulleres e do empoderamento feminino.

A actividade terá lugar o xoves 16 de xullo, ás 19:00 horas, no Local Social da Barra, onde as participantes poderán compartir experiencias, descubrir novas perspectivas sobre si mesmas e fortalecer os vínculos entre mulleres de distintas xeracións.

Desde a organización sinalan que se trata dun espazo de confianza destinado a conversar, aprender e poñer en común historias e experiencias persoais.

O encontro enmárcase no programa Emilia, que aposta por crear espazos de participación e acompañamento, promovendo o coidado persoal a través do respecto, a comprensión da propia historia e o intercambio entre mulleres.

0.13516807556152