Coles aprobou para o vindeiro ano un orzamento de preto de 5 millóns
OurenseXa
Entre outras partidas, destínanse 2.397.600 euros a actuacións de carácter económico e 1.096.950 euros a gastos de persoal
Casa do Concello de Coles
24 Dec 2024
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) vén de publicar a aprobación definitiva do Orzamento do Concello de Coles para 2025, que ascende a un total de 4.976.600 euros.
Entre as partidas con maiores investimentos destacan a destinada a actuacións de carácter económico, con 2.397.600 euros, e gastos de persoal, con 1.096.950 euros. En canto a servizos públicos, o Concello destina unha partida de 977.700 euros.