Coles celebrará este sábado o 50 aniversario do CPI Antonio Faílde

OurenseXa
Durante o acto ofrecerase unha sesión cóctel que incluirá empanada, queixos, embutidos, tortilla e bebidas
cpi_antonio_failde
18 Jun 2026

O CPI Antonio Faílde cumpre este ano medio século de historia, aprendizaxe e convivencia, e quere celebralo cun evento especial no que participará toda a comunidade educativa.

A celebración terá lugar o sábado 20 de xuño, entre as 11:00 e as 14:00 horas, nas instalacións do propio centro. Será unha xornada pensada para o reencontro, a lembranza de momentos compartidos e a posta en valor destes 50 anos de traxectoria.

Durante o acto ofrecerase unha sesión cóctel que incluirá empanada, queixos, embutidos, tortilla e bebidas.

O acceso terá un custo de 12 euros por entrada e as prazas serán limitadas ata completar aforo. A recollida de entradas realizarase no propio centro educativo.

Para máis información ou adquisición de tickets, está dispoñible o teléfono 988 687 980.

0.10278415679932