Coles contará por primeira vez cun Mercado de Nadal

O Concello de Coles organiza este 2024 o primeiro Mercado de Nadal desta vila, que estará aberto durante o 8 de decembro no Pavillón Municipal.
Ademais de postos de artesanía, decoración e agasallos típicos do Nadal, tamén haberá obradoiros para os máis cativos e unha recollida solidaria de alimentos e xoguetes.
As persoas interesadas en participar no mercado poden reservar a súa praza ata o vindeiro martes 3 de novembro.