Coles e Celanova alíanse nun concerto solidario polas bandas de música de Valencia

OurenseXa
A Banda de Música de Celanova e a Banda de Música Santádega de Coles darán o 23 de febreiro un concerto no Auditorio polas vítimas da DINA
Imaxe da Banda de Música Santágueda de Coles
Imaxe da Banda de Música Santágueda de Coles
1 Feb 2025

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o vindeiro domingo, 23 de febreiro, un concerto solidario polas vítimas da DINA de Valencia. O obxectivo desta gala será recadar cartos para as asociacións de música de Valencia que se viron afectadas polos danos causados tras o temporal.

O concerto arrancará ás 12.00 horas da mañá e contará coa participación da Banda de Música de Celanova e a Banda de Música Santádega de Coles. As entradas terán un prezo de 10 euros e todo o recadado será doado.

A gala conta coa colaboración do Concello de Coles, o Concello de Celanova e o Concello de Ourense.

0.16647219657898