Comeza a renovación do firme na rúa Sáenz Díez

OurenseXa
A actuación enmárcase no plan de mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica na cidade, cun investimento global superior aos 2,8 millóns de euros
asfaltado-saez-diez
23 Jul 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou este xoves o avance das obras de mellora do asfaltado na rúa Sáenz Díez, unha actuación incluída no proxecto da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para renovar.

O plan conta cun investimento superior aos 2,8 millóns de euros e contempla diferentes intervencións destinadas a mellorar o estado das vías e reforzar a seguridade tanto das persoas peóns como dos condutores.

Segundo explicou Manuel Pardo durante a visita, os traballos que se están a executar na rúa Sáenz Díez consisten nun fresado puntual das zonas máis deterioradas e na súa reposición, para posteriormente estender unha nova capa de rodadura con mestura bituminosa en quente en toda a vía. Unha vez rematada esta fase, está previsto realizar o pintado da sinalización horizontal.

O delegado da Xunta indicou tamén que o desenvolvemento das obras implicará establecer itinerarios alternativos para o tráfico co obxectivo de reducir as molestias á cidadanía. Para iso, colocaranse os sinais correspondentes aos desvíos, previamente consensuados coa Policía Local de Ourense.

Manuel Pardo sinalou que as actuacións están orientadas a incrementar a seguridade e a comodidade na circulación, tanto para vehículos como para peóns. Neste sentido, o proxecto inclúe medidas para mellorar a accesibilidade dos cruces e pasos de peóns mediante a instalación de plaquetas podotáctiles, a execución de rebaixes onde sexa necesario e a ampliación de beirarrúas para crear zonas de refuxio.

Dentro deste plan de mellora das infraestruturas viarias da Xunta están incluídas as rúas Río Arnoia, Progreso, Emilia Pardo Bazán, parte da rúa Velázquez, Bispo Lourenzo, Coruña, Peña Trevinca no tramo de titularidade autonómica, Seminario, Sáenz Díez, avenida Bos Aires, Isaac Piñeiro Varela e Pena do Vado, avenida de Ponferrada e avenida de Zamora.

0.12853407859802