Comeza en Pereiro de Aguiar a II edición do Festival de Teatro Afeccionado Padre Feijoo

OurenseXa
A programación arrinca este  xoves o ás 19:00 horas coa obra “Pecados Capitais”, a cargo do grupo de teatro da A.C. A Caniceira
presentacion-certame-teatro-pereiro
28 May 2026

O mellor teatro afeccionado regresa este xoves ao Pereiro de Aguiar coa celebración da II edición do Festvall Teatro Afeccionado Padre Feijoo, unha programación cultural que se desenvolverá no Auditorio dos Gozos e que busca promover a cultura, apoiar o talento local e achegar distintas historias ao público.

O ciclo inclúe varias representacións teatrais con entrada libre ata completar aforo. A programación arrinca este  xoves o ás 19:00 horas coa obra “Pecados Capitais”, a cargo do grupo de teatro da A.C. A Caniceira.

O venres 29 de maio, tamén ás 19:00 horas, será a quenda de “A esperanza”, representada polo Grupo de Adultos de teatro de Barbadás. O sábado 30 de maio, ás 19:00 horas, a Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar presentará “O demo viste de Bernarda”. O ciclo pecharase o domingo 31 de maio ás 12:00 horas coa representación de “A herdanza”, a cargo do grupo de teatro Loureiro, no mesmo escenario do Auditorio dos Gozos.

0.13295102119446