Comeza o Espazo Mulleres 2024 no Concello de Maceda

OurenseXa
O obradoiro "Danzas para empoderarnos" do Concello de Maceda dará comezo o vindeiro 3 abril
espazo_mulleres_maceda
Espazo Mulleres 2024, Concello de Maceda
26 mar 2024

O Concello de Maceda pon en marcha o "Espazo de Mulleres 2024" cun obradoiro titulado "Danzas para empoderarnos", impartido pola bailarina e coreógrafo D'Ariya, que fará un percorrido pola historia da danza, explorando estilos de diversas épocas e lugares do mundo.

O obradoiro comezará o vindeiro 3 de abril e impartirase os mércores entre as 16.00 e as 18.00 horas no Salón de Plenos do Concello de Maceda.

As inscricións están abertas a través do teléfono 988 463 554, ou de forma presencial no CIM Maceda.