Completada a nova senda peonil da OU-537, en Pereiro de Aguiar

OurenseXa
A senda conecta a zona de Monterrei co Parque Tecnolóxico de Galicia e dá continuidade ás obras realizadas o ano anterior na estrada OU-536, no tramo entre Ceboliño e Castadón
nova-senda-monterrei-tecnopole
9 Jun 2026

O Concello de Pereiro de Aguiar inaugurou o pasado venres a segunda fase do convenio de colaboración asinado coa Xunta de  Galicia, centrado na mellora da seguridade viaria nas estradas OU-536 e OU-537.

Esta nova actuación inclúe a posta en servizo da senda peonil na OU-537, que conecta a zona de Monterrei co Parque Tecnolóxico de Galicia. Trátase dun treito moi transitado, tanto por vehículos como por peóns, polo que a intervención busca reforzar a seguridade e facilitar a mobilidade nunha área de especial actividade e afluencia.

O proxecto dá continuidade ás obras realizadas o ano anterior na estrada OU-536, no tramo entre Ceboliño e Castadón. En conxunto, ambas intervencións supoñen un investimento total de 230.000 euros.

Estas actuacións enmárcanse nunha estratexia conxunta para mellorar as infraestruturas viarias do municipio, incrementando a seguridade e a comodidade dos usuarios tanto a pé como en vehículo.

0.10588788986206