Concello de Esgos organiza unha excursión a A Coruña

O Concello de Esgos organiza unha excursión a A Coruña que se celebrará o sábado 30 de maio, para a que o prazo de inscrición abre este martes 19 de maio.
As reservas de praza realizaranse por rigorosa orde de inscrición nas oficinas municipais, con preferencia para as veciñas e veciños empadroados no municipio.
O prezo da actividade será de 30 euros para as persoas empadroadas e de 40 euros para as non empadroadas no concello.