Constituida a Mesa polo Desenvolvemento urbano sostible da cidade de Ourense

O Concello de Ourense vén de constituír a Mesa polo Desenvolvemento urbano sostible da cidade de Ourense, nunha xuntanza na que participaron o concelleiro de Urbanismo do Concello de Ourense, Francisco Lorenzo, a presidenta da xunta directiva da delegación en Ourense do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Emma Noriega, o presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense, Darío López, e o presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Ourense, Santiago Ferreiro.
Este acordo busca fomentar a colaboración entre o sector público e privado para mellorar o desenvolvemento urbano de Ourense, asegurando que se realice de maneira sostible e eficiente.
A mesa servirá como un espazo de comunicación e análise, onde se poderán discutir e resolver incidencias relacionadas coas actuacións urbanísticas. Ademais, estableceranse acordos de colaboración específicos entre as entidades participantes, o que permitirá un traballo conxunto máis efectivo.