Conta atrás para a apertura do Parque Acuático de Monterrei

OurenseXa
As novas instalacións, que abrirán as súas portas este 20 de xuño, incluirán catro tobogáns e unha zona infantil
parque-acuatico-monterrei
Parque Acuático de Monterrei
16 Xuño 2024

O novo parque acuático de Galicia está a piques de abrir as súas portas. Logo de varios anos de retrasos, o Parque Acuático de Monterrei convertirase, o 20 de xuño, no segundo parque acuático da comunidade, logo do Aquapark de Cerceda, inaugurado no ano 2000.

As novas instalacións, ubicadas no Complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar, serán xestionadas pola empresa santiaguesa Osventos. O contrato, tramitado de urxencia, ascende a case 400.000 euros.

A primeira nova que se tivo da construcción deste complexo foi en 2016, cando o entonces presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciaba que goberno galego levaría á provincia de Ourense un novo parque acuático. Sen embargo, as obras non comezaron ata o ano 2021.

As instalacións debían abrir xa o pasado verán, pero os continuos problemas e retrasos non o fixeron posible, tendo que abrir so unha pequena parte das piscinas e sen rastro dos tobogáns. Por fin, este 2024 os asistentes poderán gozar dun chapuzón nas novas e esperadas instalacións.

Novos tobogáns, piscina de olas e atraccións para os máis pequenos

O lugar non é descoñecido para os ourensáns, xa que alberga unhas das piscinas e pistas deportivas máis usadas nos meses de verán. Agora, sen embargo, o proxecto chega renovado, inda que manterá parte da estrutura orixinal, como a clásica piscina de olas, unha das principais atraccións desde complexo. Pero, sen dúbida, o prato forte chega da man dos catro novos tobogáns, que esperan converterse nun atractivo turístico para a xente de toda a provincia.

As instalacións contarán tamén cunha parte destinada aos máis pequenos, con castelos de auga, cortiñas de auga, un túnel acuático ou os chamados "helico nanos".

Horarios e tickets

O parque permanecerá aberto desde este 20 de xullo ata o vindeiro 17 de setembro en horario de 12.00 a 21.00 horas durante todos os días da semana.

Respecto aos tickets, estos poderán reservares a través de internet, inda que tamén haberá un número reducido de entradas dispoñibles nas propias instalacións. Polo momento, descoñécense os prezos definitivos.

0.11249113082886