Conta atrás para unha nova edición do 'Allariz de Medo'

OurenseXa
Allariz celebrará o Samaín entre o 31 de outubro e o 3 de novembro, cun programa de actividades destinado a todos os públicos
Presentación do 'Allariz de Medo'
Presentación do 'Allariz de Medo'
17 Out 2024

A alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, xunto á concelleira de Promoción Económica, María López, presentaron este martes a edición de 2024 do 'Allariz de Medo'. O evento, que terá lugar do 31 de outubro ao 3 de novembro, contará cun ambiente misterioso e actividades que combinan a tradición do Samaín con entretemento para todas as idades.

Na presentación, que se realizou en Allariz, Cristina Cid e María López estiveron acompañadas por visitantes doutro mundo, engadindo un toque máxico e intrigante ao evento. As representantes municipais destacaron a importancia de manter e vivir as tradicións, invitando a toda a comunidade a participar e gozar das actividades programadas para esta edición de 2024.

O programa incluirá unha cea “cos defuntiños” na que haberá, ademais, contacontos para os pequenos e pequenas, seguida dunha sesión musical que dará comezo ás actividades. Ademais, haberá obradoiros infantís e percorridos “de medo” polas rúas da vila. Como non podería ser de outra forma, a Santa Compaña paseará polas rúas de Allariz creando un ambiente "único e misterioso".

0.20639705657959