Continúa aberto o prazo de inscrición para o Campamento de Verán 2026 de Paderne de Allariz

O Concello de Paderne de Allariz mantén aberto o período de inscrición para participar no Campamento de Verán 2026, unha proposta dirixida á infancia e pensada para favorecer a conciliación das familias durante a época estival.
A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 13:30 horas e incluirá tamén un servizo adicional de apoio á conciliación, que funcionará desde as 08:00 ata as 14:30 horas.
Desde o consistorio lembran que as prazas son limitadas e que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio, co obxectivo de atender en primeiro lugar á veciñanza local.
As inscricións poderán formalizarse ata o 5 de xuño a través do teléfono municipal 988 293 000.