Continúan os traballos de limpeza en varias estradas autonómicas da Coruña, Lugo e Ourense

AMariñaXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Os traballos realizaranse na AC-413 no municipio de Ordes, na CG-2.3 no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove e na OU-536, ao seu paso polo municipio do Pereiro de Aguiar
OU-525
OU-525
9 Dec 2024

A Xunta continuará esta semana os traballos de limpeza e roza nas marxes das estradas de titularidade autonómicas ao seu paso por un total de sete municipios.

Na provincia da Coruña, as actuacións proseguirán na estrada autonómica da provincia da Coruña AC-413 no municipio de Ordes, como tamén terán continuidade os traballos en marcha na provincia de Lugo no tramo da vía de altas prestación CG-2.3, no seu percorrido polos municipios de Viveiro e Xove.

No caso das vías autonómicas da provincia de Ourense, continuarán as tarefas de roza na OU-504, no Carballiño e Ribadavia, e seguirán as tarefas de acondicionamento nas zonas verdes iniciadas nas pasadas semanas nas sendas peonís e glorietas da estrada OU-536, ao seu paso polo municipio do Pereiro de Aguiar.

Na provincia de Pontevedra, proseguirán as intervencións na estrada PO-226, en Moraña.
Todas estas intervencións que se están a acometer nas vías de titularidade autonómica consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas, na reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas ou no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

A Xunta, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

Estas intervencións da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas enmárcanse no contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que conta cun investimento total de 4 millóns de euros para os dous próximos anos.

0.095628976821899