Convocado o XXIX Certame Literario de Piñor de Narracións Breves (2026)

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, en colaboración co Concello de Barbadás, convoca o XXIX Certame Literario de Piñor na modalidade de narracións breves, unha iniciativa dirixida a fomentar a creación literaria en lingua galega en distintas idades.
O certame establécese en tres categorías: categoría A para maiores de idade, categoría B para persoas de 13 a 17 anos e categoría C para menores de 13 anos. En cada categoría premiaranse dous relatos.
Os premios na categoría A serán de 500 e 320 euros; na categoría B de 140 e 80 euros; e na categoría C de 90 e 60 euros. Ademais, cada galardón incluirá un diploma acreditativo, un agasallo conmemorativo e dous libros.
Os relatos deberán ser orixinais, inéditos, escritos en galego e non ter sido premiados noutros certames. As obras poderán enviarse por correo ordinario á Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia ou á Casa Municipal da Cultura Manuel María da Valenzá (Barbadás). Tamén se admitirán envíos por correo electrónico a justocalvio@yahoo.es ou casacultura@barbadas.es.
O prazo de presentación de traballos remata o venres 29 de maio de 2026 ás 14:00 horas. O xurado reuniráse o domingo 31 de maio, e o seu ditame será inapelable. A entrega de premios celebrarase o sábado 6 de xuño de 2026 ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel María da Valenzá (Barbadás).
Os relatos premiados publicaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e da entidade organizadora, que se reserva o dereito de difundilos en diferentes medios.