Cristian González substitúe a Juan Diego Conde como cabeza de lista de Fronte Ampla por Ourense

GaliciaXa | OurenseXa
O candidato inicial renunciou por un grave problema familiar e foi relevado durante o prazo de subsanación das candidaturas
Cristian-González-Fronte-Ampla-Ourense
31 Oct 2026

Fronte Ampla modificou a súa candidatura ao Congreso por Ourense tras a renuncia de Juan Diego Conde Eguileta, que comunicou a súa decisión por un grave problema familiar sobrevido.

A formación resolveu a substitución dentro do prazo de subsanación e designou como novo cabeza de lista a Cristian González Vázquez, veciño de Barbadás e tamén candidato da organización á Alcaldía deste municipio.

González é educador social e animador sociocultural en centros de persoas maiores. Ademais, traballa como docente nunha escola de tempo libre e organiza actividades medioambientais, sostibles e de carácter comunitario e participativo en campamentos de verán.

0.15956711769104