Críticas ao Concello de Ourense por querer contratar o alumeado de Nadal sen ter pagado o de 2023
O goberno municipal presentará no Pleno extraordinario que terá lugar o vindeiro martes, 18 de xuño, a proposta de levantamento do reparo formulado pola Intervención relativo á aprobación do expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da suministración e instalación en réxime de alugueiro de elementos decorativos do alumeado de Nadal do Concello de Ourense 2024-2025.
O Concello de Ourense, que todavía ten sen pagar as luces de Nadal do ano 2023, cunha débeda que ronda os 600.000 euros, pretende así iniciar os trámites para a contratación do novo alumeado. Unha situación que, desde o grupo municipal popular, consideran "incríbel".
Os populares cuestionan que non se prorrogase o contrato de 2023 "cando podía hacerse" e acusan ao alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de facer unha mala xestión "antepoñendo este expediente á aprobación duns orzamentos, a licitación das concesións en precario, o pagamento das nóminas, a prestación dos servizos sociais, etc.".