Cruz Vermella organiza en Verea un obradoiro sobre benestar e coidados básicos de saúde para persoas maiores

OurenseXa
Será o martes 23 de xuño na Casa de Cultura de Carballo
maiores-man-saf-axuda-
21 Jun 2026

Cruz Vermella, en colaboración co Concello de Verea, organiza unha actividade formativa dirixida a persoas maiores baixo o título “Aprende a cuidar de tu salud. Bienestar en tu día a día”, un taller centrado en hábitos de benestar e coñecementos básicos para actuar ante situacións comúns de saúde.

O obradoiro celebrarase o martes 23 de xuño ás 10:30 horas na Casa de Cultura de Carballo, en Verea.

Durante a sesión trataranse contidos prácticos como o recoñecemento dun ictus, o tratamento inicial de feridas e queimaduras, e a forma correcta de contactar cos servizos de emerxencias. Ademais, as persoas asistentes poderán formular dúbidas e recibir orientación para afrontar estas situacións con maior tranquilidade e seguridade no día a día.

0.12961196899414