David Amor esgota as súas entradas en Barbadás en menos dunha hora

OurenseXa
A función, gratuíta, terá lugar este venres na Casa da Cultura e repasa con ton cómico a actualidade televisiva e outras inquedanzas persoais do artista
Casa da Cultura Manuel maría de Barbadás
2 Nov 2026

As entradas para a nova función do humorista e presentador David Amor esgotáronse esta mesma mañá nun tempo récord: apenas unha hora. O cómico galego levará este venres á Casa da Cultura Manuel María de Barbadás o seu espectáculo ‘Love está en el aire’, un monólogo no que, co seu estilo característico, analiza desde o humor algúns dos programas de televisión máis populares do momento, ademais de compartir co público algunhas das súas afeccións máis recentes, entre elas o seu interese polos aeroportos.

O acceso á función era gratuíto e as entradas podíanse recoller desde primeira hora da mañá nas instalacións da Casa da Cultura. A resposta do público non se fixo esperar: en menos de sesenta minutos esgotáronse as preto de 130 localidades dispoñibles no auditorio, o que obrigou a pechar a recollida de invitacións moito antes do previsto.

Con esta nova cita, Barbadás continúa reforzando a súa programación de actividades de lecer e cultura, buscando achegar este tipo de espectáculos a toda a cidadanía de forma accesible.

0.16042304039001