Denuncias ante a precaria situación do edificio Materno-Infantil do CHUO

OurenseXa
Desde a Asociación Arrolos de Teta denuncian a "terrorífica" situación do edificio Materno-Infantil do CHUO, que imposibilitan unha atención digna e de calidade para para as pacientes
situacion-materno-chuo
A Asociación Arrolos de Teta denuncia a situación do edificio Materno-Infantil do CHUO
23 Maio 2024

A situación da área Materno-Infantil do CHUO leva tempo sendo un problema para pacientes e traballadores. As reformas parciais que se veñen desenvolvendo nos últimos anos non son suficientes, tal e como denuncian desde a Asociación Arrolos de Teta e desde o BNG de Ourense.

A asociación califica a situación de violencia obstétrica e institucional contra as mulleres e os seus fillos e fillas no momento do parto, xa que as precarias condicións do edificio obstaculizan unha atención digna e de calidade. Por iso, piden a demolición do edificio ante a "terrorífica e deplorable contorna".

Cabe lembrar que a situción comezou a ser insostible cando, o 30 de decembro de 2023, desprendíase un falso teito nun corredor do edificio Materno-Infantil, no acceso á unidade de partos. Tres das 6 salas de partos foron pechadas por unhas obras que, inda que en principio durarían un mes, todavía están rematar, provocando numerosas queixas entre as pacientes.

Desde a Asociación denuncian que as obras están a producir unha "terrorífica" situación no edificio, onde médicos e pacientes conviven con ratas e cascudas debido aos traballos que duran xa cinco meses. Ademais, lembran que a sala de parto natural, que permanece pechada, é a única que dispón de bañera, baño propio e ventás.

As críticas tamén chegan desde o BNG, que eixe unha solución inmediata ante este problema. A deputada nacionalista, Noa Presas, sinalada fai poucos días que esta situación, a súa estensión no tempo e a non previsión da creación dunha infraestrutura temporal complementaria no Hospital, “teñen consecuencias sobre a saúde das mulleres e os seus dereitos en materia de maternidade. Esta situación amosa a desidia do Goberno galego e da Xerencia de Ourense e vai na mesma liña da obstaculización á Comisión de Lactancia, da recorrente falta de persoal de enfermaría en xinecoloxía e das derivacións a outros hospitais”.

Noa Presas entende que “esta situación non se pode dilatar no tempo, máis aínda tendo en conta a importancia deste Hospital tanto para a poboación que inmediatamente o ten como referencia como para aquela que pode ser desprazada desde os Hospitais Comarcais de Verín e Valdeorras”.

Por todo o anterior,  desde o Grupo Parlamentar do BNG no Pazo do Hórreo, veñen de rexistrar varias iniciativas nas que instan á Xunta de Galiza a “acelerar as reparacións necesarias da área de partos de Ourense para garantir a súa finalización no prazo máis breve posible e impulsar, mentres duren, as medidas paliativas necesarias para garantir a maior comodidade posible para as mulleres usuarias de forma que se priorice o cumprimento das súas eleccións e plan de parto e a súa privacidade, comodidade e seguridade”.

chuo-maternidad-3
0.18910694122314