Derradeiros días para a inscripción nas aulas de combo musical para mozos e mozas en Allariz

OurenseXa
A Casa da Mocidade retoma esta proposta para que rapaces e rapazas a partir de 10 anos aprendan a tocar en grupo, cunha novidade: unha aula colectiva de baixo eléctrico
clase-musica-guitarra
28 Sep 2026

A Casa da Mocidade de Allariz volve abrir as súas aulas de combo, unha actividade pensada para quen queira dar o salto á música moderna e aprender a tocar en grupo baixo a guía dun profesor. As persoas interesadas xa poden formalizar a súa inscrición.

A proposta está dirixida a rapaces e rapazas a partir de 10 anos que teñan uns coñecementos mínimos de guitarra, baixo, teclado, batería ou voz. Os participantes poderán escoller o seu instrumento ou especialidade entre batería, guitarra, teclado, baixo e harmonía moderna.

Tocar en conxunto e crear música propia

Durante o curso, o alumnado aprenderá a interpretar en conxunto e traballará a harmonía e o ritmo de forma dinámica. Ademais, terá a oportunidade de crear os seus propios temas musicais e gravar un disco na recta final do curso.

A actividade inclúe tamén varias actuacións en directo ao longo do ano, de xeito que os participantes poderán pór en práctica sobre o escenario o aprendido nas clases.

Novidade: aula colectiva de baixo eléctrico

Como novidade desta edición, incorpórase unha aula colectiva de baixo eléctrico, coa que se busca afondar en técnicas e estilos específicos deste instrumento.

Prazo de inscrición

O prazo para apuntarse permanece aberto ata o 30 de setembro. A inscrición pode facerse na propia Casa da Mocidade de Allariz ou a través do correo electrónico mocidade@allariz.gal, enderezo no que tamén se pode solicitar máis información.

A iniciativa está organizada pola Casa da Mocidade e conta coa colaboración do Concello de Allariz.

0.15695405006409