Derradeiros días para inscribirse no Campamento de Verán e na Aula Concilia 2026 de Taboadela

O Concello de Taboadela lembra que están a piques de rematar os prazos de inscrición para o Campamento de Verán e a Aula Concilia 2026, dous servizos destinados a facilitar a conciliación familiar e ofrecer alternativas de lecer durante os meses estivais.
A proposta está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 16 anos e desenvolverase durante os meses de xullo e agosto. O campamento contará cun amplo programa de actividades que inclúe xogos, obradoiros, deporte, piscina e outras iniciativas de carácter lúdico e educativo.
O horario principal será de 9:00 a 14:00 horas, aínda que a Aula Concilia ofrecerá servizo complementario para facilitar a conciliación familiar, con horario de 8:00 a 9:00 e de 14:00 a 15:00 horas. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 29 de maio.