Descartado definitivamente o proxecto de recuperación do cámping de Untes

OurenseXa
Así o confirmou o concelleiro de urbanismo, Francisco Lorenzo, que rexeitou totalmente a posibilidade de recuperar este espazo tras dez anos abandonado
concello-ourense-recurso
Concello de Ourense
19 Mar 2025

O Concello de Ourense descarta definitivamente recuperar o proxecto do camping de Untes. Así o confirmou onte o concelleiro de urbanismo, Francisco Lorenzo, tras unha pregunta dos socialistas respecto a este proxecto e o novo camping de iniciativa privada que se proxectaría en Regoalde (Beiro).

Tras dez anos pechado, o goberno municipal rexeita totalmente a posibilidade de recuperar este espazo, de titularidade municipal dende 2018 e que supuxo a primeira zona de acampada da cidade.

Respecto ao camping de iniciativa privada previsto en Regoalde, foi o propio Concello o que anunciou o proxecto, que será promovido por un empresario orixinario dos Países Baixos e que é titular dunha superficie de 5 hectáreas na zona de Regoalde na parroquia de Beiro e prevén construír unha instalación que contará con zonas específicas de glámping, bungalows e autocaravanas, un restaurante de 500 metros cadrados, e piscinas, entre outros servizos.

Os promotores, sinalaba o Concello a pasada semana, agardan presentar o proxecto técnico en 3 meses e solicitar os informes preceptivos por parte do Concello e Xunta de Galicia, co obxectivo de comezar a construír en febreiro de 2026.

O alcalde de Ourense valorou moi positivamente esta iniciativa, sinalando que “que é un revulsivo para a cidade, un novo investimento que demostra tamén o tirón que está tendo Ourense, que por iso está captando investimentos, que cada vez vai a máis con todos os eventos que estamos facendo e cada vez ten máis atractivo”. “Este investimento é unha boa noticia pola dinamización que supón”, aseverou o rexedor que, porén, descarta recuperar o histórico cámping ourensán, así como o fixo en reiteradas ocasións coas áreas de estacionamento para furgonetas na cidade.

⚙ Configurar cookies
0.29485011100769