Diana Sieira aterriza este venres en Barbadás coa súa obra 'The Witch'
A Casa da Cultura de Barbadás acollerá este venres ás 20.00 horas a función 'The Witch', de Diana Sieira.
The Witch é unha invocación aos elementos. Unha palabra máxica. Unha liberación. Un espectáculo ritual que convida ao público a vivilo. Dentro, a Cómica, a Menciñeira e a Acusada entrelazan as súas historias a través da palabra, a imaxe e a acción para rematar nunha danza catárquica que as levará á fogueira (ou non). Pois as tres son unha. E unha son as tres. A Inquisición observa, pero neste ritual, o público é soberano. The Witch é un espectáculo no que o público participa a través de pequenos xogos, outorgándolle unha maior implicación na historia. Os xogos siguen a estructura do xogo do clown: eu douche, ti dasme, e de paso botamos unhas risas. O espectáculo é presentado pola actriz cabareteira, que é a que se gaña ao público coa súa vis cómica. Logo aproveitaranse deste vínculo xa creado as diferentes personaxes nas que a actriz se convirte: a menciñeira, a acusada, o inquisidor... Todo é un xogo! E mentres xogamos, a historia é contada. E mentres xogamos, as cousas vanse poñendo serias. Así, as escenas van pasando da comedia ó drama, do pasado ó presente, do real ao ficticio, para ver finalmente saír á nosa protagonista camiño da súa condena... ou non! Non en van, a Witch ensinouche a facer os teus propios rituales. Se ti herdas esta sabedoría, The Witch permanece inmortal.