"Durante un ano á fronte da área de Innovación Tecnolóxica, Fasero realizou unha labor destacada impulsando proxectos que modernizaron e melloraron os servizos tecnolóxicos do Concello, así como na organización deste", destacan desde o Concello.
Consideran "un luxo ter podido contar durante un ano con este perfil directivo que deixou a súa experiencia no engrenaxe interno de funcionamento do ente local, e agradecen a Juan Carlos o seu esforzo e dedicación durante a súa xestión, desexándolle o maior dos éxitos nesta nova etapa profesional na SGAE".