Ecos de Moura organiza un obradoiro de herbas medicinais a vindeira fin de semana

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será na Escola de Moura, en colaboración con Alkimias Tres Herbas, e haberá que inscribirse
obradoiro-herbas-medicinais-eos-de-moura
7 Jun 2026

A Escola de Moura acollerá o sábado 13 de xuño un obradoiro de plantas medicinais organizado por Alkimias Tres Herbas e a Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura, unha proposta centrada no coñecemento práctico do uso tradicional das herbas e na conexión coa natureza.

A actividade comezará ás 10:30 horas e desenvolverase ao longo da mañá cun programa participativo que combinará formación e experiencia directa no medio natural. Nun primeiro momento realizarase unha introdución ao mundo das plantas medicinais, tras a cal as persoas asistentes sairán ao monte para identificalas e recollelas.

Despois da recollida, haberá un pequeno petisco compartido, antes de pasar á parte máis práctica do encontro, na que se elaborarán distintos preparados naturais a partir das plantas recompiladas.

O obradoiro ten un prezo de 20 euros para persoas socias e 30 euros para non socias, con prazas limitadas a 20 participantes. As inscricións poden realizarse a través do teléfono 677 120 508 (Loly).

Trátase dunha actividade aberta a todo o público, sen restricións de idade nin xénero, que busca poñer en valor o coñecemento das plantas medicinais desde unha perspectiva comunitaria e vivencial.

0.10392999649048