Eladio Santos resalta o traballo da Asociación Española Contra o Cancro en Ourense

OurenseXa
"A AECC é máis que unha ONG, xa que realiza un servizo sanitario imprescindible para a poboación, con atención psicolóxica e apoio tanto a pacientes como a familiares”, sinala Eladio Santos
Eladio Santos xunto a representantes da AECC en Ourense
Eladio Santos xunto a representantes da AECC en Ourense
19 sep 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos recibiu este mércores a membros da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Ourense. O seu presidente, Germán Rodríguez-Sáa, a vicepresidenta, Olga Mojón, e a secretaria, Pilar López-Guerrero, informaron ao subdelegado do labor que realiza este colectivo na provincia e do continuo crecemento que está experimentando, medrando en número de socios e accións cada ano.

Para o desenrolo do seu plan estratéxico provincial, os representantes da AECC aproveitaron a cita para solicitar a colaboración da Subdelegación do Goberno, como están a facer tamén cos concellos da provincia.

Eladio Santos, pola súa banda, resaltou a traxectoria da asociación en Ourense e quixo poñerlles de manifesto que considera que “a AECC é máis que unha ONG, xa que realiza un servizo sanitario imprescindible para a poboación, con atención psicolóxica e apoio tanto a pacientes como a familiares”.

0.19280385971069