Emilio González asegura que Ourense convertirase nun referente nacional de movilidade

OurenseXa
O subdelegado do Goberno de Ourense destaca as "históricas inversiones ferroviarias" que o Goberno está a facer na provincia
emilio_gonzalez_reunion_taboadela
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, nun encontro co alcalde de Taboadela, Álvaro Vila e o director de obra de Adif, Raúl Correa
14 Abr 2024

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, mantivo este venres unha reunión de traballo co alcalde de Taboadela, Álvaro Vila e o director de obra de Adif, Raúl Correa, co obxectivo de coordinar e seguir avanzando nas obras de mellora ferroviaria en Taboadela, concretamente nas relacionadas coa Variante Exterior e o seu impacto ambiental. O subdelegado do Goberno destaca que "seguen avanzando a bo ritmo dentro dos compromisos adquiridos polo Goberno e os parámetros marcados", recentemente completouse o viaduto entre Taboadela e Seixalbo e mellorouse a electrificación da vía.

Investimentos en San Francisco e Peliquín

Emilio González destaca o investimento millonario e os fitos ferroviarios que o Goberno está a destinar á provincia de Ourense e destaca que por fin, despois de anos enterrados no caixón por distintos Gobernos, os proxectos de mellora de infraestruturas en Ourense están a avanzar e os fondos están a chegar á os cidadáns

O Subdelegado sinala que o maior compromiso son os feitos, as obras e os proxectos que se anuncian e licitan e sinala que onte o Ministerio de Transportes e Movilidad avanzou en seguir facendo de Ourense non só a porta de entrada do AVE a Galicia pero un referente no ámbito ferroviario coa aprobación do investimento de 14,7 millóns de euros do novo CRC na antiga Estación de San Francisco e co concurso para a eliminación do paso a nivel de Peliquín por 2,3 millóns de euros.
O Subdelegado sinala o retroceso histórico que supoñerá converter a Ourense en nodo e referente da nova mobilidade. Así mesmo, Emilio González detalla a implicación do Goberno co proxecto de eliminación do paso a nivel de Peliquín, así como as sinerxias que sempre se deron co barrio con diferentes reunións técnicas onde se poderían propoñer melloras e as fichas técnicas do proxecto e o trazado e nos que o Concello non interveu.

0.42946887016296