Emilio Rúa actuará en San Cibrao das Viñas con motivo do Día das Letras Galegas

A concerto terá lugar o vindeiro 10 de maio ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas
emilio-rua
Emilio Rúa
29 abr 2024

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, San Cibrao das Viñas acollerá un concerto do cantautor galego Emilio Rúa, que estará acompañado da violoncellista Margarida Mariño. A cita terá lugar o vindeiro 10 de maio ás 20.00 horas na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas.

Emilio Rúa leva 35 anos no mundo da música cando empeza con sete anos no grupo musical familiar 'Concorde Atenea' formado polo seu pai e os seus catro irmáns. Ao longo dos 9 discos editados como cantautor leva publicadas máis de 100 cancións entre temas orixinais e versións de temas populares. Os seus temas teñen unha profunda influencia da poesía galega de Rosalía De Castro, Celso Emilio Ferreiro, Alvaro Cunqueiro e os escritores Manuel Rivas e Xosé Carlos Caneiro.