Entregadas tres novas vivendas de alugueiro accesible en Allariz

OurenseXa
Trátase dun inmoble de 32 vivendas propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), na rúa Irmandade, integramente destinado a alugueiro accesible
entrega-viviendas-alugeiro-alariz
14 Apr 2025

A Xunta formalizou 3 novos contratos de alugueiro accesible, en Allariz, para 3 vivendas nun inmoble de 32 fogares na rúa Irmandade. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este edificio propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), e fixo entrega de dúas chaves aos novos inquilinos, ambos maiores de 65 anos.

María M. Allegue tivo a oportunidade de conversar cos adxudicatarios e agradeceulles poder compartir “un momento tan especial” con eles. Destacou que a Xunta ten “moi en conta as necesidades de todos os cidadáns e busca mellorar a calidade de vida dos galegos e galegas”

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas tamén subliñou que o inmoble de Allariz, no que conviven persoas de diferentes idades, é un gran exemplo de “lugar de encontro interxeneracional, de convivencia harmónica entre persoas de diferentes experiencias vitais”.

Por último, a conselleira salientou que, o último obxectivo da Xunta no marco das políticas no eido da vivenda, é precisamente poder entregar chaves e que os adxudicatarios poidan vivir en fogares dignos, de calidade, e a prezos accesibles, como os tres adxudicados á veciñanza de Allariz na rúa Irmandade.

⚙ Configurar cookies
0.10734295845032