Esgos acolle unha nova xornada de asesoramento do programa Re-Habita Rural Lab

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será este martes pola tarde na biblioteca municipal
Biblioteca Municipal de Esgos
Biblioteca Municipal de Esgos
15 Jun 2026

O Concello de Esgos celebrará a vindeira semana unha nova sesión informativa do programa Re-Habita Rural Lab, centrado na rehabilitación de vivenda no ámbito rural e na mobilización de inmobles.

A iniciativa está dirixida a persoas propietarias de vivendas que precisen reformas ou que estean interesadas en coñecer opcións para a cesión ou transmisión dos seus inmobles. O obxectivo da sesión é ofrecer orientación sobre o acceso ás axudas e subvencións públicas, un aspecto que concentra unha parte importante das consultas recibidas ata o momento.

Segundo os datos do programa, rexistráronse xa 170 solicitudes, das cales arredor do 60% corresponden a persoas que demandan información máis detallada sobre estas liñas de apoio para a rehabilitación.

O asesoramento terá lugar o martes 16 de xuño, en horario de 15:30 a 20:00 horas, na biblioteca municipal de Esgos.

Desde a organización anímase á veciñanza a participar na sesión para resolver dúbidas e coñecer as diferentes opcións dispoñibles para manter e recuperar o patrimonio inmobiliario do municipio.

0.12707710266113